Vostede está aquí
BLOOD COLTAN
BLOOD COLTAN
- Produce: Patrick Forestier.
- Ano: 2007
- Duración: 54 minutos.
- Sinopse: O coltán, ata fai pouco un material prácticamente descoñecido, convertíuse no novo ouro negro do continente africano. Crucial para a fabricación de novas tecnoloxías como telefonía móbil, portátiles e outros dispositivos electrónicos, atópase en importantes cantidades na zona este da República Democrática do Congo e a crecente demanda por parte de Occidente está propiciando matanzas na rexión. Baixo a vixiancia das milicias rebeldes, incluso os nenos extraen este material de forma perigosa nas mina
No Forum Metropolitano, o día 7 de febreiro de 2022 ás 19:30.
Para acceder á proxección será necesario inscribirse previamente en ozagaiteiraoscastros2@gmail.com
Requisitos:
Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles con COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, realizándose o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:
· Usar máscara de forma obrigatoria
· Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
· Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera, etc.
· Aplicación de solución hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo / proxección debe estar inscripto
- Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
Actuar con responsabilidade.
|