Vostede está aquí

AS BEIRARRÚAS DA OUTRA CORUÑA

AS BEIRARRÚAS DA OUTRA CORUÑA

Polas beirarrúas da rúa Melide e imposible andar cun carriño de bebé ó cruzarse con alguén, pois un dos dous ten que saír da beirarrúa e andar pola estrada para coches, cun grande perigo, pois a estrada dos coches e de subida e na marxe esquerda fican estacionados, estreitando inda mais o andar; polo que ai un grande problema de seguridade cidadán.

Pensamos que haberá un regulamento onde ficará unha normativa de medidas mínimas para as beirarrúas.

Que parécelles se vostedes non poden saír da súa casa cun carriño de bebé ?

Non terían vostedes que mirar polo benestar dos seus veciños, e dar unha voltiña polas nosas rúas para ver de arranxalas ?

Na rúa San Diego teñen vostedes un bo cacho sen asfaltar, os coches estacionan en batería, creando moitos problemas no tránsito. Ha unha (edificación ?) cun andar tapando as fiestras do contiguo; cando asomo pola miña fiestra sinto unha grande tristura, asemella que fico nun lugar marxinal , i eu tamén pago os meus impostos. Isto que estou a contarlles leva xa acontecendo dende ha vinte anos.

A Coruña, xullo de 2009.
2