Vostede está aquí

ASOLAGADOS

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental: ASOLAGADOS

  • Produce: Airoá Comunicación
  • Ano: 2015
  • Duración: 60 minutos.
  • Sinopse: Documental sobre a xente e os seus pobos, anegados polo encoro de Belesar en 1963. Imaxes e sons da Ribeira Sacra e do río Miño, restos das casas, das bodegas, das árbores... e especialmente das dez testemuñas que viviron nestes lugares antes da construcción do salto, momento no que se viron obrigados a deixalo todo. Un documental que pretende deixar constancia do cambio da paisaxe das ribeiras do Río Miño e preservar a memoria de todas as personas que tiveron que reinventar por completo as sús vidas e costumes.

No Forum Metropolitano, o día 11 de xaneiro de 2021 ás 19:30 e podes conseguir a túa entrada  de balde na seguinte ligazón: SACA A TÚA ENTRADA

Será de OBRIGADO cumprimento:

  • O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente)
  • Lavarse as mans con xel  hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.
  • O uso da butaca asignada polo persoal de sala,  non estando permitido o desprazamento, salvo que o persoal de sala autoríceo
  • Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
  • Respectar a sinalización
  • Seguir en todo momento as indicacións do persoal do local. RECOMÉNDASE
  • Limitar o máximo posible o uso dos aseos
  • Actuar con responsabilidade