Vostede está aquí

A ASOCIACION DE VECIÑOS RECLAMA MAIS INVESTIMENTOS PARA O BAIRRO

Principais alegacions aos orzamentos 2009

RECLAMACIÓNS:
- Paneis Informativos na Av. do Pasaxe, indicando o Centro de Saúde e oficina de Correos, Centro Cívico San Diego e Polideportiva.
- Poñer semáforos na Glorieta de Casablanca, para tratar de evitar accidentes como o acontecido a nosa compañeira Dª Estrela Thomas, recentemente falecida.
- Supresión de barreiras arquitectónicas no Instituto Monte das Moas e no Colexio Axo da Guarda.

- Mellora da area de xogos do Parque Europa e Parque de San Diego, incluíndo unha pérgola para cubrir a zona de xogos. Asemade ver de facer uns urinarios públicos en ambalas zonas.
- Mellora do axardinamento do Mirador dos Castros.
- Creación dun xardín público, coas conseguintes dotacións, no patio interior da rúa Alicante, para poder xogar os cativos e unha árez de lecer para os maiores.
- Prantación de árbores ou xardiñeiras nas rúas, Xeneral Sanjurjo, Avda. do Exercito, Casablanca , etc.
- Instalación de bancos na Ronda de Outerio, a ambos lados, entre a Av. do Exercito e na rúa Perez Ardá.
- Pavimentación e mellora das Rúas Montes, Ronda de Outeiro no cruce coa Gaiteira, Rúa da Gaiteira, Rúa Monte das Moas, Rúa Arzua, Rúa de San Diego e Practicante Pedro García.
- Canalización da recollida de pluviais nas rúas Pintor Seixo Rubio, Xeneral Sanjurjo, Salcedo Molinero, Ronda de Outeiro, Av. dos Caidos e Juan Montes.
- Ampliación das beirarrúas nas seguintes rúas: Montes, Carballo, Ricardo Pérez, San Diego, Melide.
- Pavimentación das beirarrúas do Parque Europa, e drenaxe do mesmo.
- Soterramento das liñas do tendido eléctrico en varias zonas do bairro, que actualmente se atopan suxeitos por postes de madeira, interrumpindo o paso e estreitando aínda máis as beirarruas, como por exemplo na rúas Carballo e González Chas. Poñer beirarrúas para paso das persoas, neste intre non teñen.
- Facer unha rampa mecánica de subida da Avda. dos Caídos e instalar dispositivos de seguridade; instalar unha proteccion para o uso similar a de Norman Foster no metro de Bilbo: aceiro e metacrilato, pechada a banda da calzada e aberta o lado das edificacións; remodelación do espazo, mobiliario tal como papeleiras, farolas baixas, arbolado, novo deseño das beirarrúas, ordenación do tráfico, anchear as beirarrúas, aparcamento en liña, a Merced direccion centro, etc.
- Unha linea de bus a praia de OZA.
- Ampliar ata as 23:00 a liña de autobus nº 17 para que de servicio as escolas de formación que fican ubicadas en Monte Alto e non teña a xente que facer trasbordo e pagar dous autobuses, en caso de trasbordo que se aplique a tarifa reducida. Asemesmo pedimos a entrada a rúa das Xuvias de un autobus urbano para que os usuarios do hospital non teñan que recurrir os taxis que o mesmo tempo beneficie a xente do bairro, e tamén os universitarios.
- Acondicionamento da Av. do Exército e cambio das barreiras da vía rápida e condicionandoas as das cidades pois o seu remate e de unha AUTOPISTA.
- Facemos petición dunha escola Infantil xa que a única que temos na zona e insuficiente para a demanda que existe. Os Orzamentos municipais deben incluir investimentos en centros educativos do noso barrio xa que a partida orzamentaria neste senso e moi cativa.
- Instalar no Faro o arquivo e biblioteca da Autoridade Portuaria, que é moi importante na historia portuaria. Tendo enconta a propiedade do Faro, e do arquivo, o Concello comprometeriase o seu mantemento e disposición de uso como arquivo público.
- Instalación de apracadoiros para as bicicletas no Mirador dos Castros.
- Plan de rebilitalizacion comercial da área dos Castros. Potenciación dunha área comercial, non só propaganda (“bolsitas e carteis”) se nón axudas a modernización dos comercios (pódese facer vía europa), estudos sobre viabilidade comercial de sectores, tráfico e zonas de descarga e aparcadoiros.
- Plan de rehabitacion da zona Cubela – Montes:
Atopámonos cunha zona do barrio contradictoria, sendo un núcleo inicial do mesmo que ainda conserva unha parte importante da súa tipoloxía urbana de principios do século pasado (rúas estreitas, casas baixas, patios verdes interiores, falla de beirarrúas, alcantarillado, auga, instalacións eléctricas inadecuadas, etc.), últimamente está a sofrir unha grande agresividade constructiva (edificos de seis alturas) sen unha millora estructural ou en infrestructuras. Prodúcese pois un efecto destructivo, “inadecuación urbana”
Trátase de facer, da man de rehabilitación, un plan integral que resolva as contradicións creadas pola urbanización feroz. Podese facer vía europea. (Temos enviado desde esta Asociación varios informes ao respecto.)
- O Concello destina 36.000 € á Federación. Cómo van repartirse os cartos? Para evitar subspicacias, control municipal dun plan para cada Asociación Veciñal, para investir os cartos, exemplo non é o mesmo una AA.VV. con local municipal, que xa é unha inversion do Concello en si mesma, que unha que o paga do seu peto; nón é o mesmo gastalos en banderiñas, cenas e fareales que en cursos para os veciños, etc.
- Reducción da inversión no tren “chu-chu”. Investir nun plano de transporte cidadán.