Vostede está aquí
A ASOCIACION DE VECIÑOS MANDA UNHA RECLAMACIÓN A EMALCSA
EMALCSA
Rúa Dr. Enrique Hervada, 4
A Coruña.
A Asociación de Veciños Oza, Gaiteira-Os Castros, e no seu nome Margarida Santiago Urbano, como Presidenta, DENUNCIA o seguinte:
Que tendo coñecemento de que en todo o barrio hai dificultades de abastecemento de auga, debido a pouca presión existente nos dieferentes conductos, que a día de hoxe están totalmente obsoletos; habendo cada pouco roturas na devandita condución, asi como denuncias de diversas comunidades de propietarios que están a padecer o problema de desabastecemento pola pouca presión, sendo os últimos pisos principalmente os mais perxudicados.
Nalgúns casos a empresa municipal de augas, dísolle aos veciños que teñen precaridedade no abastecemento, que poñan pola súa conta unha moto-bomba para así acabar co problema. Con relación a esto:
1 – A empresa ten que solucionar os problemas do abastecemento de auga contratado por cada usuario.
2 – Os edificios que poñan moto-bombas perxudicarían a outros que non o teñen, baixandolle a presión inda mais os restantes.
Por todo o exposto ESIXIMOS URXENTEMENTE a solución a este problema, que renoven XA as conducións que están en precario, e a infraestrutura en xeral da traída de augas do noso barrio.