Vostede está aquí

A ASOCIACION DE VECIÑOS EN CONTRA DO REAL DECRETO DO CARBON

Dende esta Asociación Veciñal e diante das medidas adoptadas polo gobernó central ao respecto do Real Decreto sobre o carbón, consideramos o seguinte:
1ª) Esta Asociación está contra tal norma pois prexudica aos traballadores e traballadoras deste País. Non se está contra das axudas ás minerias de Asturias e Castela-León, máis si que os nosos traballadores e traballadoras non queden indefensos diante da aplicación dese Decreto.
2ª)Esta Asociación nunca estivo contra o manexo do carbón no Porto da cidade, senón co sistema de manipulación por inadecuado e contaminante. A loita levada a cabo durante tantos anos así o demostra. Seguimos a insistir nun circuito pechado para o efectuar estas descargas minimizando ao máximo o impacto medioambiental.
 
3ª) Esta Asociación apoia as reivindicacións dos traballadores e traballadoras e mailos concellos prexudicados polo antedito Decreto e amosamos a nosa solidariedade con eles.
 
4ª) Instamos as Administracións a desenvolver as enerxías limpas e non contaminentes no noso Pais.
Hoxendía coas graves consecuencias do cambio climático que xa estamos a padecer esiximos o pleno cumprimento dos tratados internacionais asinados polo estado español nesta materia.
Na Coruña, a 5 de outubro de 2010