Vostede está aquí

A asociacion de veciños en contra da instalacions de antenas de telefonia móbil no bairro

ESCRITO AO CONCELLO E AOS MEDIOS DE COMUNICACION
Dª Margarida Santiago Urbano en representación, como presidenta, da “Asociación de Veciños Oza, Gaiteira-Os Castros”:

MANIFESTAMOS A NOSA DISCONFORMIDADE co xeito de entender o que debe de ser calidade medio-ambiental na nosa Cidade dende esa Alcaldía. Si señor!! un día sacan na prensa que van medir a calidade do ar cun trebello que nadie sabe para que val nin o que mide, e o día seguinte, un pouco mais abaixo colocannos un campo de antenas de telefonía sen orde nin concerto.

Pensamos que antes de autorizar a colocación das diferentes antenas de telefonía, deberan dende esa Alcaldía informar con todo detalle a cidadanía dos beneficios e riscos que conleva a devandita instalación. Polo que respecta o noso barrio non imos consentir tal trapallada, e tentaremos mobilizar a masa social en contra de tal desfeita.

Por todo esto DENUNCIAMOS, que en base o que vostedes definen como espacio sensible para non ubicación, e: “Se define como espacio sensible aquellos centros que por razones de edad o salud, se considera que la población expuesta es susceptible de ser afectada negativamente por los campos electromágneticos, en mayor medida que el resto de la población. Se incluyen dentro de esta definición, las guarderías, centros de educación infantil, primaria, centros de enseñanza obligatoria, centros de salud, hospitales, parques públicos y residencias o centro geriatricos”.

Pois ben, o noso barrio reúne todo los requisitos anteriormente expostos, polo que reiteramos a nosa negativa a instalación que vostedes pretenden en connivencia cunha empresa privada.

POLO QUE NON FICAMOS DACORDO ca instalación das antenas que tentan poñer nestas datas nas rúas Pastor Díaz e Xeneral Sanjurjo, APOIAMOS sen dúbida a reclamación dos veciños das devanditas rúas.

Na espera de que reconsideren a súa postura, emprazámolos nesta asociación para que nos veñan dar as expliacións que consideren pertinentes.