Vostede está aquí
Asemblea de socios e socias da AAVV Oza Gaiteira Os Castros
24/03/2014 - 19:07
Asemblea de socios e socias da AAVV Oza Gaiteira Os Castros
Pola presente quedades convocados/as para a Asemblea Ordinaria que se van celebrar o vindeiro sábado 29 de marzo ás 12 horasen primeira convocatoria ,12:30 en segunda no local da AAVV.
Asemblea Ordinaria coa seguinte orde do día
1.- Balance e aprobación se procede das contas anuais.
2.- Informe de actividades e previsión para o ano 2014.
3.- Elección da Xunta Directiva.
4.- Rolda aberta de intervencións .
As candidaturas para a elección da Xunta Directiva deben presentarse no local da AAVV antes do xoves 27 ás 12:30 horas, deben contar cun mínimo de 4 persoas e un máximo de 10. Virán sinaladas as persoas que optan aos cargos de Presidente, Vicepresidente, Secretario e Tesoureiro (o resto serían vogais).
Pregamos a máxima asistencia para poder recoller a opinión de todos e todas, aportando ideas que axuden a mellorar o funcionamento do noso colectivo.
Estamos tamén recollendo as cotas deste ano 2014, mantense o prezo nos 14 € anuais. Para quen poida ser máis cómodo o pago no banco, na conta de Novagalicia banco da asociación , pódese facer o ingreso en calquera sucursal, indicando no concepto “cota 2014 e o nome do socio/a”
A Coruña 14 de marzo de 2014