Vostede está aquí

AS ACTIVIDADES DE OZA


Hoxe, martes 1 de febreiro, vimos de celebrar outra actividade que estivemos anunciando con moito éxito nos medios de comunicación: o asunto da asbestose producida pola contaminación por inhalación do amianto, sobre todo no trato coas vellas planchas de fibrocemento que na súa composición levaban estes materiais, porén as diversas canalizacións (eléctricas ou pra auga) que tamén conteñen estes contaminantes.
O doctor Lois Díaz Cabanela, experto nesta materia e noutras e membro destacado de ADEGA, unha vez máis amosounos a dramática situación á que estamos expostos e sometidos sen moita axuda, ou mellor dito, coa nula axuda das administracións que de novo, non fan nada polo cidadán ou "administrado" como gostan de dicer...

Por outra banda, para o 23 de febreiro, temos organizada outra boa actividade, desta volta facendo fincapé na loita que as e os minusválidos manteñen constantemente cunha contorna hostil: a cidade.
A Asociación GRUMICO, xunto coa nosa Asociación de Veciños desenvolverán ese día esta actividade canto menos que curiosa xaque farán que "nos poñamos no seu lugar", animádeos, pasarémolo ben e nos fará un chisco máis solidarios, cousa que nos tempos que corren val máis ca ouro.
Agardámosvos no noso local social da rúa da Mercede, 56 de 17:00h ate 20:30h, intervirán Laura Presedo Crujeiras e Mónica Forteza Monfort