Vostede está aquí
Actividades 2021-2022
24/09/2021 - 10:29
Como temos feito en anos anteriores, unha vez pasado o verán, poñemos a andar toda unha serie de actividades dirixidas aos veciños e veciñas do barrio. Mantemos actividades que levamos desenvolvendo xa bastantes anos e comezamos algunhas novas esperando que teñan boa aceptación entre a veciñanza.
Deste xeito, entre este mes de setembro e o de outubro comezamos con: labores ,costura, manualidades, sevillanas, pandeireta, gaita, tamboril, acordeón, pilates , zumba, linguaxe musical ,inglés , guitarra e violín.
Outras actividades que esperamos poñer en marcha nos vindeiros meses están relacionas ca fotografía ,informatica e teatro iremos informando a medida que as poñamos a andar.
Calquera persoa interesada en participar dalgunha destas actividades ou contactar con nós no email ozagaiteiraoscastros2@gmail.com.