Vostede está aquí

25 ANIVERSARIO DO TRASLADO DOS RESTOS MORTAIS DE CASTELAO Á GALIZA

25º aniversario do traslado dos restos mortais de Castelao á Galiza
O 28 de xuño de 1984 Castelao voltou a Galiza.
A Asociación Veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros lembra esta data publicando no seu blogue a retransmisión en directo daquel momento, feita pola TVE en Galiza, baixo a narración de María Tareixa Nabaza, e a dirección de Alexandre Cribeiro.
Sirva de homenaxe a estes dous demócratas esta pequena contribución da Asociación, xa que grazas a eles temos constanza gráfica.

25º aniversario da traída dos restos de Castelao.
O domingo día 28 cúmprese o 25 aniversario da traída dos restos mortais de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
http://gl.wikipedia.org/wiki/Alfonso_Daniel_Rodr%C3%ADguez_Castelao
É imprescindíbel para comprender o presente ter consciencia do pasado.
Por iso ofrecemos o vídeo da chegada a Santo Domingos de Bonaval do cadaleito do político galego.