Vostede está aquí

As Xubias tamén existen

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros témonos dirixido, unha vez máis, ao Concello para denunciar diversas deficiencias que nos ten transmitido a veciñanza, nesta ocasión estamos a falar de zona das Xubias :
·         Mellora das liñas do bus e as frecuencias, facendo que chegue a rotonda situada a carón do Santiago Apóstolo.
·         Amaño da bomba de  saneamento situada preto da rampla da Xubias. Polo que nos ten comentado a veciñanza leva anos sen funcionar o que ocasiona moi malos olores en toda a zona ao quedar os refugallos estancados.
·         Limpeza e saneamento: Colocación  de máis  contedores de lixo, papel e vidro para poder separar os residuos; instalar máis papeleiras e limpar a maleza para previr focos de infección e posibles lumes co risco que pode supoñer para as vivendas.
·         Recuperar locais existentes, de titularidade pública ou de organismos como Renfe ou Adif, na zona das Xubias que agora están abandonados e sen utilidade ningunha cando se poden poñer ao servizo da veciñanza.