Vostede está aquí

A A VV de Oza-Gaireira-Os Castros diríxese ao Valedor do Pobo

A asociación veciñal  Oza-Gaireira-Os Castros diríxese ao Valedor do Pobo solicitando amparo ante a actuación do Concello da Coruña
A asociación veciñal de Oza Gaiteira Os Castros quere facer público que no día de hoxe dirixiu escrito ao Valedor do Pobo solicitándolle amparo e a adopción das medidas oportunas para que o Concello devolva á Asociación Veciñal a pancarta que efectivos do 092 e Bombeiros requisaron o pasado 6 de decembro.
A entidade vecinal quere manifestar que no mesmo mes de decembro do pasado ano se lle solicitou ao Concello a devolución da faixa, non obtendo do Goberno do Sr. Negreira máis resposta que o silencio e o desprezo.
A A VV de Oza ve con enorme preocupación a deriva totalitaria do goberno municipal, que non repara en medios para tentar amordazar ao tecido asociativo que cuestiona o seu modelo de xestión dos asuntos públicos. Por isto, desde esta entidade veciñal facemos público que xunto con outras entidades que están a ser obxecto de agresións por parte do Concello faremos unha fronte común para deter esta deriva antidemocrática.