Vostede está aquí

Unha rúa para o Deportivo Si pero sin borrar a nosa memoria colectiva

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros estamos  dacordo en que se lle poña o nome do Deportivo a unha rúa do barrio mais en ningún caso que sexa a costa de borrar a nosa memoria colectiva. Anunciar que se cambia o nome da Avenida de Oza é tratar de borrar a historia e a pegada que o antigo Concello de Oza tivo no que hoxe é A Coruña, é tamén unha burla aos veciños e veciñas pois levan meses dando largas para poñerlle á rúa o seu nome e agora veñen con estas.
Postos a cambiar nomes de rúas que aproveiten para cambiarllo á Avenida dos Caidos ou á Avenida do Exercito, rúas hai a moreas no barrio para ter que escoller precisamente a Avenida de Oza. Adxunto escrito presntado no Concello