Vostede está aquí

Un Nadal solidario, responsable e galego .Merca nos comercios do barrio

Un Nadal solidario, responsable e galego .Merca nos comercios do barrio


O vindeiro mes de decembro, a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros poñemos en marcha o proxecto “Un Nadal solidario, responsable e galego". Desenvolveremos unha campaña de apoio ao comercio local do barrio, con reparto de folletos informativos e carteis, tamén faremos multitude de actividades: charlas en centros educativos, coloquios en centros cívicos, lecturas solidarias, talleres de reciclaxe, recollida de xoguetes...


A intención é facer deste Nadal 2013 un Nadal solidario, responsable e galego. Unha tarefa que atinxe a todo o barrio: veciñanza, colectivos, entidades, centros educativos, hostalaría, comercios...


Por un Nadal solidario, aprendendo a compartir e a construír unha sociedade máis xusta e solidaria. Compartindo tempo e experiencias cos demais, colaborando en proxectos colectivos, aportando un pouco do noso tempo para facer unha sociedade mellor.


Por un Nadal cun consumo responsable, buscando os produtos que se obteñen de xeito sustentable, consumindo produtos de proximidade e de economía solidaria. Mercando no comercio local do barrio.


Por un Nadal galego, que fomente a normalización e o uso do noso idioma, que recupere as nosas tradicións e valorice a nosa cultura.