Vostede está aquí

Un Bus pola Rolda de Outeiro e Merce

 Queremos:


 Transmitir a queixa, expresada por veciños e veciñas do barrio, de falta de conexión dalgúns puntos do barrio así como a necesidade de mellorar algunhas liñas do bus.



Entendemos que a rúa da Merce debería contar con algunha parada do bus, e debería ordenarse o tráfico volvendo a poñer a rúa cun só sentido de circulación.


O bus que vén do Ventorrillo podería parar na Rolda de Outeiro pouco despois do parque de Oza, entrando na rúa da Merce e parando na metade da rúa, podería continuar ate a rotonda dos Castros e chegar ao hospital e campus universitario de Oza. De volta collería a Ronda de Outeiro na rotonda da avenida do Exercito, desta maneira conectaríase unha parte do barrio co hospital e o campus de Oza, e tamén co ambulatorio do Ventorillo