Vostede está aquí

TRANSPORTE E MOBILIDADE


A Asociación de veciños e veciñas Oza Gaitera Os Castros , ante as eivas que ten o noso barrio no apartado de mobilidade instamos ao concello a ter en conta as nosas reinvicacións para solventar ditas eivas, polo que lles facemos un pequeno relatorio das principais a ese respecto:
TRANSPORTE E MOBILIDADE

·   

Mellorar o transporte público no marco dun plano de mobilidade tendente a un bus con  liñas  máis frecuencias que incidirían no recorte de tempos entre paradas, nomeadamente nas liñas 2,  2A , 17 e 12 superiores agora mesmo en máis de 20 minutos.

·   

Incidindo nas frecuencias das liñas de bus, convén atrasar até as 23.10h a saída do 17 de Monte Alto, xa que os rapaces e rapazas do IES Ánxel Casal da última hora (22.30h) non teñen xeito de collelo a tempo polo que  quedan en moitas ocasións sen transporte.

·   

Cremos que convén conservar o carril bus xa que supón unha mellora na circulación no centro da cidade ademais de demostrar a fluencia do tráfico coa súa presenza. Tamén que  se  contemplen os usos alternativos ao vehículo privado como medio de transporte, a saber: o ferroviario, o metro lixeiro e o marítimo na procura de desconxestionar o tráfico rodado na cidade e como busca constante de redución de emisións de gases contaminantes á atmosfera. Hoxe  tamén adolecemos da falta de transporte público entre o barrio e zonas específicas tales como o Peirao de Oza, a zona das Xubias e o centro de saúde de Monte das Moas habendo una rotonda  onde poden dar a volta perfectamente os buses, así coma a Rda. de Outeiro dende o colexio San Fco. Xabier na pola da rúa Mercé.

·   

Precísase un estudo e posterior posta ao día na rede semafórica, , así como revisar os tempos para os peóns xa que nalgunhas zonas non dá tempo a cruzar a rúa como nos casos de Ramón y Cajal e o Miradoiro dos Castros e na rua Rolda de Outeiro a altura da citroen

·   

A sinalización dos pasos de peóns, moitos deles con escasa visibilidade, ben por falta de luz ou ben por perda da pintura do paso,  e  verificar que esa pintura sexa anticaídas.

·   

Redistribución de máis contedores de lixo e especial coidado na reciclaxe, neste eido seguimos a reclamar contedores de aceites domésticos.

·   

Fronte ás demandas reiteradas dos veciños e veciñas da Avda. dos Caídos dende hai moito tempo,  remodelar o espazo situado fronte á gardería Carricanta, para humanizar o barrio colocando xogos infantís e mesas e bancos para os nosos maiores que fomenten a socialización e busca de pontos de encontro.  A  propia gardería sería eixe vertebrador da integración de maiores e pequenos nese espazo de xogos común.

·   

Colocar beirarrúas no conxunto do barrio, nomeadamente na rúa González Chas e nas zonas que aínda non están urbanizadas.

·   

Arranxar e repoñer mobiliaro urbano na zona da Gaiteira, rúa da Merce e na Travesia da Gaiteira,praticante Pedro Garcia   e Poeta Trillo Figueroa  .

·   

Actuar inmediatamente para eliminar os puntos negros do túnel dos Castros e Casabranca.

·   

Mellorar o ordenamento do tráfico na rúa da Merce

·   

Señalizar a saida do garaxe do hipermercado Mercadona con señalización tanto vertical coma horizontal para evitar accidentes

·   

Mellorar o acceso ao parque de Oza na entrada fronte ao colexio San Fco Xabier. Actualmente cruzan a Rolda de Outeiro nese punto moitas familias, así como nenos e nenas, con moito perigo debido á velocidade á que baixan os vehículos por esa zona.

·   

Mellorar os accesos ao centro de Saude de Monte das Moas como tamén a oficina de correos