Vostede está aquí

Taller de memoria

Dende a Asociación de Veciños Oza-Gaiteira –Os Castros estamos a realizar un labor que, consideramos, que demandaba o barrio. Este é os Talleres de Estimulación da Memoria. Os recortes das Administracións Públicas o aumento do número de persoas mayores na zona fixéronnos plantexar esta actividade para abordar unha problemática que redunda en beneficio das persoas que presentan queixas de memoria. Dende o pasado día 6 de Setembro estamos a dar os Talleres para persoas que non teñen deterioro cognitivo e vemos que a demanda sigue aumentando. Dende o Centro de Saúde dinnos que hai moitos mayores que deberían derivar a este tipo de Talleres porque, non se dispón de cobertura suficiente para tratalos . As administración non poden, nestes momentos, dar cavida polas restriccións económicas as que se enfrentan. Nós, non só damos esa posibilidade. Tamén a damos para traballar coas persoas que presentan deterioro cognitivo posibilitando a integración nun grupo e deixando un certo respiro as familias que, moitas veces, non teñen medios para deixar os seus familiares nun lugar donde no só se intenta manter a raia a progresión da enfermidade tamén supón a garantía que dende a asociación imos poñer tódolos medios necesarios para paliar , na medida do posible, o estrés que supón o coidado de persoas con problemas de memoria e outros relacionados coa mesma.
Os talleres de Estimulación da Memoria, facilitan as habilidades sociais, a comunicación, melloran a calidade de vida e o estado de ánimo e por ende estimulan os procesos cognitivos básicos: Percepción, atención,linguaxe , memoria...
Estes talleres impártense por unha socia voluntaria da Asociación de Veciños especialista en dito campo.


Dada a demanda de dito taller a asociación abre a posibilidade de abrir outro grupo os sábados pola tarde ( 17:00 a 19:00 horas)para mais información no 981 298 122 ou na paxina web da asociación:www,redeoza.org
incribirse no local da asociación