Vostede está aquí

A SUPRESIÓN DE LIÑAS DE BUS

Nun novo "tanteo" do Concello da Coruña pra darlle voltas ao tema das liñas de bus, xogando cas veciñas e veciños ao tulé, e a marealos pegando voltas innecesariamente pola Coruña adiante sen sentarse a falar con eles pra darlle solución a este tema, merendamos con esta nova que sáe na Opinión do día 24 de febreiro.

Pois ben, queremos deixar claro dende esta Asociación de Veciños, que a nosa intención sempre é a do diálogo pra chegar a acordos que melloren a vida dos e das cidadáns, pra nada é certo que nós estiveramos de acordo en eliminar paradas ou mellor dito, en prexudicar a ningún veciño ou veciña. Todo o contrario, o que pedimos é sentido común, racionalidade á hora de establecer a circulación dos buses polas nosas rúas e sempre co diálogo por bandeira...