Vostede está aquí

A suposta manipulación do medidor de partículas da Autoridade Portuaria

A suposta  manipulación do medidor de partículas da Autoridade Portuaria
O pasado venres 27 de setembro sobre as 12:30 horas a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros enviou unha nota de prensa denunciando unha vez máis as descargas que levaron a contaminación por partículas PM10 ate os 206 ug/m3, multiplicando por catro o nivel de alerta fixado en 50 ug/m3. Xunto a nota de prensa aportouse unha captura de pantalla onde se pode ver con claridade os niveis dos que estamos falando, enviamos de novo esa imaxe (anexo1).
Unhas horas máis tarde volvemos a conectarnos ao medidor e observamos como desapareceron xustamente os datos das horas nas que se produce o elevado índice de contaminación (anexo2). Os datos estaban unhas poucas horas antes e sospeitosamente desaparecen despois de que o noso colectivo veciñal denunciase, unha vez máis,que a contaminación volvía asolagar todo o barrio.
Dende a asociación supoñemos que non foron  manipuladados e si fora así manipular os medidores, borrar datos ouollar para outra lado non muda a realidade. Os supostos intentos de manipulación indignan aínda máis a toda a veciñanza que está a padecer na súa saúde os efectos das descargas no porto.Dende anosa asociación pedimos as adminitración publicas trasparencia e anon ocultación de datos a opinión publica.
O noso barrio seguirá denunciando as descargas, seguirá loitando por un aire libre de contaminación, seguirá esixindo responsabilidades das autoridades competentes, estas manobras non fan máis que darnos a razón nesta loita que mantemos dende fai tantos anos.