Vostede está aquí

Subvencións pola porta de atrás


Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros queremos denunciar o trato de favor que reciben algúns colectivos. Soubemos pola prensa que asociacións acabadas de constituír reciben 4000€ a través de convenios con cartos que deberían ir destinados a axudar ao comercio. É inaceptable que entidades que se acaban de constituír, que non sabemos se son asociacións de veciños ou agrupacións de comerciantes, reciban catro veces máis cartos que asociacións de comerciantes que levan moitos anos traballando.
Asociacións de veciños como a nosa, sabemos das dificultades que existen para poder acceder ás subvencións, moitos trámites e papeis para explicar os proxectos para os que solicitamos as subvencións, presentación de facturas, memorias de actividades, xustificantes de pagos... Hai un grande control sobre as subvencións e parécenos lóxico que así sexa pois hai que ser moi coidadoso cos cartos de todos. Isto contrasta cos convenios anunciados, descoñecemos en que se gastarán esas partidas, nin os criterios para o reparto.
Dende hai moitos anos esta cidade ten un problema co desmantelamento do pequeno comercio, témolo denunciado en moitas ocasións e temos feito algunha actividade para tratar de botar unha man. É inaceptable que se gasten os cartos que deberían ir para axudar ao comercio desta maneira, faise evidente que non existe plan algún para revitalizar o pequeno comercio e están a usarse partidas que deberian ir destinadas ao comercio para axudar a asociacións próximas a un determinado partido politico