Vostede está aquí

Solidariedade cos e cas afectadas polo asunto das PREFERENTES.

Dende a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros  mostramos a nosa solidariedade co colectivo de xente que se viron envoltos no asunto das xa famosas "preferentes" sen esquecer outras chanchulladas feitas polos mesmos causantes, nomeadamente os seguros de cobertura dos tipos de xuro nas hipotecas. Sabemos que hai veciños e veciñas do noso barrio tamén afectados polo que con maior motivo facemos un chamamento masivo a participar na manifestación convocada pola plataforma.
A manifestación será en Santiago co lema
POLA RECUPERACION DOS NOSOS CARTOS DAS PREFERENTES E SUBORDINADAS

Sábado 21 de xullo con saída dende a Alameda ás 11.00h
Dende A Coruña haberá un bus que sairá ás 9.30h da Pza. de Ourense.
Os ou as que queiran anotarse poden poñerse en contacto no seguinte enderezo:

corunapreferentes@hotmail.com