Vostede está aquí

Solidariedade ca plataforma de emigrantes retornad@s da Coruña

Dende a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros  mostramos a nosa solidariedade ca plataforma  de emigrantes retornad@s da Coruña , emigrantes galeg@s a quen Facenda  esta dando un trato inxusto e desproporcionado por parte da administración da axencia tributaria.
O noso colectivo quere esixir das administracións un trato correcto con esas persoas e unha solución ao conflito xerado polas propias administracións.  Non podemos esquecer que en moitos casos son as pensións destas persoas as que están tremando da economía familiar dos seus fillos e netos.

Sabemos que hai veciños e veciñas do noso barrio tamén afectados polo que con este  motivo animamos a toda a veciñanza a participar na  CONCENTRACIÓN EMIGRANTES RETORNAD@S que se vai celebrar o 2 de setembro as 11 horas diante da Delegacion de -facenda da Coruña, Comandante Fontanes, 10


Tod@s diante da facenda (axencia tributaria) máis próxima o martes, 2 de setembro ás 11,00h.

Ánimo Emigrantes!!