Vostede está aquí

Sobre os árbores de Oza.


A destrución de ecosistemas naturais é un grave problema que levamos moito tempo arrastrando en Galiza, sen que se tomen medidas efectivas para sancionar as condutas que o permiten. Os ecosistemas naturais, sobre todo os máis avanzados na sucesión ecolóxica, ocupan un área cada vez máis reducida e atópanse cada vez máis degradados. A nosa cidade é un bo exemplo de moitas prácticas contra a conservación do medio natural, tanto terrestre como mariño.
Unha boa mostra foi o talado de varias árbores centenarias comprendidas na zona do campus de Oza da Universidade da Coruña. Algunhas delas centenarios e con gran valor ecolóxico, producíndose unha perda irreversible de biodiversidade, incrementando o estado de desequilibrio ambiental e poñendo en perigo o noso futuro.
As administracións publicas, cando eluden a súas responsabilidades e permiten que se destrúa o medio ambiente están a roubarlle o futuro aos nosos fillos e fillas. Dende a Asociación de veciños e veciñas Oza Gaiteira Os Castros   esiximos das administracións que cumpran coa súa obriga, que se adopten medidas correctoras e se corrixa na medida do posible este atentado contra a natureza, que se esixan responsabilidades e se sancionen esas condutas como corresponda.