Vostede está aquí
RENOVACION DA DIRECTIVA
A Asociación de veciños Oza-Gaitera-Os Castros celebrou o día 10 de novembro
unha asemblea onde se decidiu a renovación da súa equipa directiva da que saíron elixidos e elixidas as seguintes persoas:
Presidente: Paulo Sexto Gantes
Secretario: Eduardo Freire Bargados
Tesoureiro: Marcos Gomez Maroño
Vicepdte.: Luis Sande
Vogal: Margarita Santiago Urbano
Vogal: Dolores Guerra Carbia
Vogal: Luis Dopico
Vogal: Tareixa San José Lado
Vogal: Lorenzo Gerardo Otero
Nesta nova andaina á AAVV Oza Gaiteira Os Castros renova aos membros mais tamén con novos folgos pretende ser o facho da loita na defensa da veciñanza deste bairro de Oza, estamos nuns tempos nos que o asociacionismo veciñal ten que ser referente nos bairros pra informar, asesorar e, en definitiva, estar ai pé de rúa ao carón do cidadán, coma sempre estivemos dende os anos 70...
Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros queremos aproveitar a ocasión para mandar un saúdo a toda a veciñanza ao tempo que animamos a todas e todos a participar nesta nova andaina.
En tempos complicados como os que nos agardan estes anos, cómpre traballar dende o asociacionismo para botar unha man tratando de mellorar a calidade de vida das persoas, lembramos que dende a AAVV estamos a desenvolver toda unha serie de actividades que van nesa dirección.
Dende os anos 70 estamos ao carón das veciñas e dos veciños e nas épocas duras seguiremos a estalo, defendendo os seus dereitos, trasladando os seus problemas onde sexa preciso, asesorando e compartindo opinións, facendo traballo colectivo para mellorar o noso barrio.