Vostede está aquí
A Relixión do Mar
07/10/2017 - 18:12
O mariñeiro e poeta ou poeta e mariñeiro Xosé Iglesias Lamela (Cee, 1974) Presentara o luns 16 de outubro na Bibliotecata do Forum Metropolitano as 19:00 horas a súa segunda obra poética "A relixión do mar " e que nos chega co aval de gañar o IX Certame de Poesía Victoriano Taibo, convocado polo Instituto de Estudos Miñoráns.
A relixión do mar ben pode acompañarse dunha visita á suxestiva canle propia de comunicación poética e do saber da súa arriscada profesión no mar que Xosé Iglesias Lamela posúe en youtube (https://www.youtube.com/user/primerovillar), na que se poden escoitar en alta mar e recitados coa súa propia voz algúns dos poemas deste libro .