Vostede está aquí

Ratas na Rúa da Gaiteira

Dende hai tempo, veciños e veciñas da Gaiteira, vimos alertando dunha praga de ratas que supón un perigo para a saúde das persoas, propiciando a transmisión de enfermidades, e ocasiona graves prexuízos aos establecementos comerciais desa zona.


A Asociación de veciños e veciñas Oza Gaiteira Os Castros, instamos ao Concello a que realice unha desratización da zona, e solicitamos que se faga no tempo máis breve posible para que a cousa non vaia a máis.