Vostede está aquí

Praia de Oza

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros   dirixímonos a Demarcación de Costas do estado en Galicia para que remate co deterioro que padece o contorno da praia de Oza cheo de maleza e sin mantemento de ningun tipo, acordando con quen sexa preciso Concello da Coruña ou a Autoridade Portuaria da Coruña  os pasos que se deben dar para acondicionar dita praia . Non é de recibo que a punto de comezar a tempada estival se atope en pleno estado de abandono, sen que ningunha administración se preocupe.
Manter as nosas praias en condicións  é labor de todos, os gobernos están obrigados a manter e mellorar o patrimonio  natural que a todos e todas nos pertence. Neste caso estamos a falar dun espazo de lecer para os veciños e veciñas do barrio

Dende a AAVV esiximos das administracións competentes que poñan fin a esta situación, recuperando e pondo en valor esa instalación., pódese habilitar unha “aula de actividades acuaticas ” para que todos, nenos e maiores, coñezan e  practiquen deportes nauticos  que temos nesta cidade. Este tipo de actuacións permite recuperar o patrimonio natural , investir en educación e dar traballo, dende a AAVV entendemos que estas son as actuacións que se precisan nesta época de crise e non dilapidar os cartos desfacendo o que outros teñen feito.