Vostede está aquí

POR UNHAS RUAS PARA A XENTE

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros queremos comentar varias cuestións a respecto da demanda dos veciños e veciñas na súa reivindicación para peatonalizar un tramo da rúa Monte das Moas.
O único tramo que se pide que se peatonalice é o comprendido entre a avenida dos Caídos é o colexio Anxo da Garda, un tramo moi curto que non ten ningunha entrada para garaxes. Para peatonalizar habería que habilitar unha zona de aparcamento nun espazo próximo que poida recoller os vehículos que agora estacionan nese tramo de rúa, hai espazos na contorna para poder crear esa zona de aparcamento.
Como ten acontecido noutros lugares da cidade, a peatonalización aporta maior calidade de vida e reactiva o comercio local e a hostalaría. Apostar pola peatonalización e apostar polos barrios e axudar ao pequeno comercio.
Esta reivindicación é apoiada por moitos veciños e veciñas, por boa parte do comercio local e pola ANPA do colexio,como o demostra as casi 400 sinaturas presentadas no rexistro do concello da Coruña pola nosa asociación, que apóia  nas súas demandas de ditos veciños , como non podía ser doutro xeito.