Vostede está aquí

Por un uso público do antigo Corralón da Gaiteira

Por un  uso público do antigo Corralón da Gaiteira
Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros xa nos temos dirixido ao Concello para trasladar as demandas da veciñanza respecto da parcela onde estaba situado o Corralón da Gaiteira. Entregamos un proxecto completo e detallado, realizado por un veciño do barrio, para transformar esa parcela que hoxe é un espazo onde se acumula o lixo, nunha zona de ocio onde comparten espazo crianzas e persoas maiores.
O noso colectivo reclama que o Concello actúe e se poña en contacto cos propietarios de xeito que poida permutar ese terreo para convertelo nun espazo público, esa é a nosa demanda: poñer a disposición da veciñanza ese terreo, mellorando a calidade de vida no barrio e fomentando o comercio local e a hostalaría, pois habería un espazo onde compartir tempo de ocio nunha zona comercial como é a Gaiteira.
Dende o noso colectivo consideramos que os espazos verdes convertéronse na natureza das cidades. Espazos onde esquecerse do estrés e poder pasear tranquilamente, para facer deporte, sentarse a descansar ou ler un libro, afastándose por un intre de todo o que leva consigo vivir na cidade.
As zonas ao aire libre son esenciais para o desenvolvemento urbano. Os parques, as prazas con árbores, fontes, etc, en moitas ocasións, son o atractivo e identidade das cidades e garanten a calidade de vida dos cidadáns.
Normalmente a vida na cidade é máis solitaria que nos pobos ou nas zonas con menos habitantes, desaparece a relación tan familiar que temos cos veciños. Por iso os parques rescatan este xeito de relacionarse, porque coincidimos coas mesmas persoas, porque vemos xente coas mesmas afeccións ca nós. Por último, tamén diminúen os riscos do ambiente urbano, preservan a biodiversidade nas cidades, reducen os riscos de inundación, filtran ruídos molestos...
Os espazos verdes son moi importantes nun ámbito tan gris e serio como son as cidades. É un xeito de coidar os seus habitantes e de garantir o seu benestar. Por iso, non podemos permitir que non crezan ao mesmo nivel que se expanden as cidades.
A Organización Mundial da Saúde recomendou 9 m² por habitante de espazos verdes a principios dos noventa. Este é o dato máis relevante que se publicou aínda que non se fixeron estudos moi extensos sobre os espazos verdes mínimos que debe ter unha cidade. A demanda de espazos verdes foi unha constante desta asociación.
Dende a nosa asociación pensamos que se debe potenciar ditos espazos verdes polo que instamos a facer, unha vez casi rematada  as obras de remodelación da rúa da Gaiteira, un espazo verde e de lecer e donde facer depote no antigo corralón da Gaiteira.



 Por elo dende a nosa asociación pedimosa a Concellaria de Medio Ambente e Sanidade teña en conta este proxecto   e adxuntamoslle un anteproxecto de parque urbano na rúa da Gaiteira , avanzando deste xeito na mellora da calidade de vida da veciñanza.