Vostede está aquí

Outra vez nesta semana se disparan os niveis de contaminación nos Castros.

As chamadas da veciñanza a esta Asociación Veciñal confirman o que os datos do medidor da Autoridade Portuaria ten recollido, que o 26 de setembro volveron dispararse os niveis de contaminación por partículas PM10 no barrio, chegando a alcanzar niveis de 206 ug/m3 cando o límite está fixado en 50 ug/m3.
Máis unha vez comprobamos como as autoridades miran para outra parte, non lles importa a saúde das veciñas e veciños do barrio e prefiren actuar como cómplices dunha entidade que contamina e envelena o barrio. Esta é realidade do barrio dos Castros: unha entidade que contamina e envelena e unhas administracións que en lugar de defender a cidadanía defende os intereses económicos da Autoridade Portuaria, poñéndoos por riba da saúde dos veciños e veciñas.
O barrio e esta asociación seguirá denunciando esta inxustiza unha e outra vez ate que as administracións actúen como deben e cumpran coa súa función que é a defensa da cidadanía e do dereito á saúde.