Vostede está aquí

Outra denuncia

A A VV de Oza-Gaireira-Os Castros diríxese ao Concello da Coruña para demandarlle o arranxo dun tramo da Avda do Exército, cuxas fochancas poñen en perigo a seguridade do tráfico.



A A VV de Oza quere facer público que no día de hoxe dirixiu escrito ao Concello solicitándolle o arranxo dun tramo da Avda do Exército, con dúas enormes fochancas no asfalto que incluso obrigan aos condutores dos vehículos a ter que modificar a marcha e a mover o volante.



A entidade vecinal entende que esta situación compromete a seguridade vial e de tráfico e que debe ser arrancada de inmediato polo Concello.



Así mesmo, a entidade vecinal, en breve período de tempo, comezará a traballar na elaboración dun dossier para detectar todas as deficiencias urbanísticas e de mantemento existentes no barrio e así poñelas en coñecemento do Concello para que proceda á súa reparación.