Vostede está aquí

O IES Monelos cáese a cachos.

O IES Monelos cáese a cachos.


Dende a AA.VV. Oza Gaiteira Os Castros queremos denunciar a situación na que se atopa o IES Monelos, hai uns días volveu caer á rúa outra folla dunha fiestra, co enorme perigo que supón e o grave risco para calquera persoa que nese momento estivese a pasar por diante do colexio. Esta mesma situación xa pasou hai uns meses e a cousa lonxe de mellorar vemos que segue igual.


A situación das instalación deste instituto é lamentábel, poñendo en grave risco o alumnado e o profesorado, é totalmente inaceptábel que deixen no total abandono o mantemento dos centros públicos ao tempo que derivan millóns de euros ao ensino privado.


Tamén temos que lembrar o excesivo número de alumnos por aula, tanto neste centro como no IES Monte das Moas superando o máximo permitido por lei. Hai aulas con 36 e 37 alumnos, dos que boa parte son repetidores, moitos deles precisarían apoio e unha atención máis personalizada co que a situación que padecen é totalmente desoladora.