Vostede está aquí

O futuro do porto interior da cidade

As información que sae na prensa de xuntanzas interadministrativas sobre o futuro do terreos do porto interior observamos que A Coruña vai hipotecar parte da cidade para asumir o custo do porto exterior

A Asociación veciñal ante as información que sae na prensa de xuntanzas interadministrativas sobre o futuro do terreos do porto interior observamos que A Coruña vai hipotecar parte da cidade para asumir o custo do porto exterior. "Vemos como se fala de renegociar a deuda para cubrir parte da débeda e pagar por un solo que xa é público. E como o único do que se fala é de refinanciar o préstamo, para que o Estado poida seguir cobrando intereses durante máis tempo. Dende a asociación observamos que se fala unicamente dos peiraos de Batería e Calvo Sotelo, e non se di nada sobre o futuro da zona de San Diego, onde se concentran a maioría dos metros cadrados a liberar e tamén a actividade produtiva. Calquera acordo ten que darlle unha solución tamén a San Diego".

Na modificación do planeamento urbanístico do porto interior debe apostarse pola súa promoción, o seu uso mixto, a creación de novas actividades e a súa preservación para o fomento económico como lugar de actividade comercial e de pesca que xera riqueza. Lembramos a nosa postura radicalmente en contra de que o porto exterior se financie a través da venda de patrimonio publico que sexa Fomento o quen financie as obras do porto exterior . Estimamos que todos os organismos relacionados coa nova infraestructura deben acadar un acordo definitivo para anular todos os convenios asinados até o de agora, de costas á veciñanza, no horizonte de que unha nova modificación do PXOM asegure a titularidade pública e uso cívico de todos os espazos portuarios dentro do concepto da economía productiva e sostíbel.

Dende o noso colectivo de que unha cuestión de tanta trascendencia para o futuro da cidade non se faga de costas á veciñanza, polo que reclamanos canles de participación aberta e directa cos diversos axentes que configuran o movemento cidadán. Denuciamos a opacidade e reclamamos, que todas as administracións con competencias no futuro dos peiraos constitúan un consorcio ou entidade similar, 100% pública, que garanta que a titularidade e o control dos terreos portuarios queda en mans da cidadanía.