Vostede está aquí

NOTA DE PRENSA


Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros estamos a recibir queixas dos veciños e das veciñas polo mal estado do pavimento na Rúa Petín e nas súas beirarrúas, tamén na Rúa Ponte onde están en estado lamentable.

Na praciña que está ao carón da praza da Cubela, entre as rúas Rianxo e Ponte, retiraron as chapas que supoñían un perigo pero as lousas rotas seguen aí, sen arranxarse. Unha vez máis, instamos ao goberno municipal a que solucione os problemas que os veciños e veciñas reclaman.

Dende a Asociación reclamamos un plan integral para arranxar todas estas eivas e rematar con todas estas chapuzas, actuando unha única vez e non con parches como fixeron na rúa da Gaiteira. Facelo desa maneira ocasiona molestias constantes á veciñanza para non dar arranxado os problemas.

Como constatamos cada día, os veciños e veciñas do barrio detectan multitude de deficiencias nas que se deberían investir os cartos, sen despilfarralos desfacendo obras do goberno anterior. Como xa temos expresado, o barrio e a cidade teñen que construírse pensando nas persoas e non teimando nun modelo caduco e fracasado consistente en meter máis coches nas rúas.