Vostede está aquí

NOTA DE PRENSA

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros temos que volver a denunciar, outra vez máis ,as descargas de carbón e graneis a ceo aberto, sen medidas de seguridade . Unha vez máis, veciños e veciñas dos Castros padecen as consecuencias desa actividade industrial tan nociva.


Con este motivo, esta AAVV ten solicitada  unha reunión coa Autoridade Portuaria para tratar esta cuestión e tomen medidas oportunas  para paliar este problema e non volvan a escusarse dicindo que fora unha cousa puntual pero que non se repetiría, dende a nosa asociación veciñal solicitamos que o 100% das descargas contaminantes se fagan por circuíto pechado . É evidente que iso non é así, e o peor é que o carbón segue quedando amoreado no peirao, afectando a toda a veciñanza do barrio.



É incomprensible que as autoridades permitan que esa actividade afecte á saúde dos veciños e veciñas, é inaceptable que non movan un dedo para que a Autoridade Portuaria faga as descargas coas medidas de seguridade axeitadas. O comportamento da propia Autoridade Portuaria, poñendo os intereses económicos por riba da saúde, debe ser sancionado, tanto o Concello como a Xunta deberan estar vixiantes e sancionar cada vez que sucede algo así.



Non nos queda outra que si a autoridade portuaria do porto da Coruña  non toma medidas para paliar estos problemas cas descargas desde a nosa asociación seguiremos  denunciando, mobilizarnos e volver a dar a batalla. Cando o que prima é o negocio e o enriquecemento duns poucos a costa da saúde de todos, cando as autoridades miran para outro lado, teremos que ser os propios veciños e veciñas as que deamos a cara.