Vostede está aquí

NOTA DE AGRADECEMENTO.

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros queremos agradecerlle ás persoas do colectivo CONTRAMÍNATE, especialistas en bioloxía e ciencias medioambientais, a intervención na charla que o noso colectivo organizou para explicar o proxecto mineiro de Corcoesto.
Na súa exposición técnica quedou claramente demostrado os graves riscos para a saúde e o mediambiente que produciría esta mina a ceo aberto, así como as consecuencias que tería dende o punto de vista social e económico, afectando a todo o tecido produtivo existente na comarca.
Estendemos o agradecemento a todas as persoas que participaron na charla e facemos un chamamento para implicarnos activamente na defensa do territorio e o medioambiente, opoñéndonos a proxectos coma este que procuran grandes beneficios para empresas estranxeiras ao tempo que destrúen todo o territorio no que actúan.