Vostede está aquí
A nosa solidariedade co colectivo de emigrantes retornados
Dende a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros mostramos a nosa solidariedade co colectivo de emigrantes retornados , emigrantes galeg@s a quen Facenda quere impor unha multa por non declarar entre 2008 e 2012 as súas pensións no estranxeiro, recibindo un trato inxusto e desproporcionado por parte da administración da axencia tributaria xa ca maioria dos casos ,fixerón o que nesa adminitración lle indicarón.
O noso colectivo quere esixir das administracións un trato correcto con esas persoas e unha solución ao conflito xerado polas propias administracións. Solución que debe pasar pola retirada das sancións. Non podemos esquecer que en moitos casos son as pensións destas persoas as que están tremando da economía familiar dos seus fillos e netos.
Sabemos que hai veciños e veciñas do noso barrio tamén afectados polo que con este motivo vai a celebrar unha charla Informativa encol a problemática das pensións dos emigrantes retornados o vindeiro 6 de novembro as 19:30 horas no Centro Civico do Castrillón
Animamos a toda a veciñanza a participar da charla e a darlles apoio ás plataformas de afectados que están a mobilizarse para esixir unha solución digna e xusta.