Vostede está aquí

A nosa asociación apoia o viaxe reivindicativa a Betanzos e manifestación

O próximo domingo 27 chamamos a participar dunha viaxe reinvindicativa a Betanzos.
Desde a Plataforma rexeitamos os recortes en materia ferroviaria, así coma a destrución e precarización de empregos no sector. Queremos un tren de proximidade que reduza o uso de vehículos privados!
Sairemos no tren das 11:00 h, desde a estación de San Cristovo (na Coruña).
A chegada está prevista para as 11:36 h na estación de Betanzos-Cidade, desde onde nos manifestaremos até a Praza do Campo, onde faremos un acto reivindicativo.
(A volta á Coruña poderase facer no tren que sae ás 14:50 h de Betanzos)

O tren é do pobo porque fomos nós os que o creamos e mantivemos, e ninguén ten dereito a arrebatarnos o que nos pertence!