Vostede está aquí

NON A TALA DE ÁRBORES NA ZONA DA ANTIGA FABRICA DE TABACOS

A destrución de ecosistemas naturais é un grave problema que levamos moito tempo arrastrando en Galiza, sen que se tomen medidas efectivas para sancionar as condutas que o permiten. Os ecosistemas naturais, sobre todo os máis avanzados na sucesión ecolóxica, ocupan un área cada vez máis reducida e atópanse cada vez máis degradados. A nosa cidade é un bo exemplo de moitas prácticas contra a conservación do medio natural, tanto terrestre como mariño.

Unha boa mostra foi o talado de varias árbores centenarias comprendidas na zona da antigua fabrica de tabacos. Algunhas delas centenarios e con gran valor ecolóxico, producíndose unha perda irreversible de biodiversidade, incrementando o estado de desequilibrio ambiental e poñendo en perigo o noso futuro.

As administracións publicas, cando eluden a súas responsabilidades e permiten que se destrúa o medio ambiente están a roubarlle o futuro aos nosos fillos e fillas.
 Dende a Asociación de veciños e veciñas Oza Gaiteira Os Castros  e ante as queixas dos veciños e veciñas  esiximos do concello da Coruña  que cumpran coa súa obriga, que se adopten medidas correctoras e remate ca tala de árbores centenarias da zona da antiga fabrica de tabacos