Vostede está aquí

NON A ESPECULACION URBANISTICA

A descatalogación do edificio da CITROEN


Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros, sen entrar valorar a calidade arquitectónica do edificio da CITROEN pois hai profesionais que xa o teñen feito, defendendo a necesidade de preservar un dos poucos edificios industriais do barrio, esiximos transparencia en todo este proceso que semella un gran negocio especulativo.
A nosa AAVV loitará porque non se borre a historia do barrio, xa se ten perdido moito patrimonio do que foi o Concello de Oza. As administracións deberían facer cumprir a lei, obrigando a manter e conservar aqueles edificios que contan con algún tipo de protección, o que fai neste caso é todo o contrario.
É moi sospeitoso que en tan pouco tempo se modifique o Plan Xeral e se lle retire a protección ao edificio, permitindo que se derrube para especular co solo, nun proceso opaco que semella un negocio para os amigos aínda que sexa borrando unha parte importante da historia industrial do barrio. Vemos como a administración en lugar de poñerse do lado dos veciños e veciñas, actúa de xeito sectario, favorecendo intereses particulares.
Tamén é moi curioso o asunto dos privilexios para uns poucos. A CITROEN mantivo o privilexio de contar cun semáforo para facilitar a entrada no seu garaxe, agora que vai pechar retirouse, facilitando o tráfico na zona. Moitos veciños e veciñas xa viñan solicitando a súa retirada hai moito tempo.

Agora instalouse un novo semáforo na Avda de Oza, preto do cruce coa Rolda de Outeiro e baixando cara a Catro Camiños, parte da veciñanza está a ver outro caso de trato de favor e tráfico de privilexios, pois é moi complicado poder defender a necesidade de instalar un novo semáforo nun tramo tan curto de vía.