Vostede está aquí

Na lembranza do concello de Oza no Ramón de la Sagra

O proxecto “Na lembranza de Oza”, que trata de recuperar a memoria do que foi o Concello de Oza, continúa a súa andaina. Do 15 ao 25 deste mes de outubro estará exposto no colexio público Ramón de la Sagraen Elviña, xusto na entrada do centro, onde toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado e familias, poden acceder ao material da exposición.
Dende a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros seguiremos contactando con entidades, centros educativos, centros cívicos ebibliotecas dos barrios que noutrora formaron parte do Concello de Oza para que o material do proxecto poida chegara toda a veciñanza, e dese xeito poidamos coñecer, e recoñecer, a nosa historia.