Vostede está aquí

Na lembranza de Oza

O proxecto “Na lembranza de Oza” segue a súa andaina


Na AAVV Oza Gaiteira Os Castros realizamos un proxecto para recuperar a memoria do que foi o concello de Oza, durante o ano 2012 estivemos a recoller material entre a veciñanza para lembrar a historia deste barrio, así foi como comezou este proxecto.


Con todo o material recollido realizamos uns paneis explicativos, enmarcamos 16 fotografías de gran formato e gravamos un documental.


Pretendemos mover a exposición e a proxección do documental por todo o barrio, por escolas e institutos, bibliotecas e centros cívicos, asociacións e colectivos culturais... neste momento está exposto na biblioteca González Garcés en Elviña, ficará aí ate o 18 de maio onde partirá na súa andaina para outro centro.


Dende o noso colectivo veciñal queremos animar a todas as persoas a visitar a exposición para recuperar e poñer en valor a nosa historia.