Vostede está aquí

Na lembranza de Oza

O proxecto “Na lembranza de Oza” naceu coa intención de recuperar unha parte da historia do noso barrio, esa parte que foi esquecida ou silenciada, naceu coa pretensión de coñecer e recoñecer o que fomos para construír un futuro sobre o alicerce das nosas raíces.
A recollida de material gráfico, relatos do pasado, conversas coa xente do barrio, propostas e iniciativas... acabaron formando este proxecto, que se materializou en 16 fotografías de gran formato, nuns paneis explicativos e nun documental.
Non pretendemos elaborar un estudo científico ou académico sobre a historia do que foi o Concello de Oza, como colectivo veciñal, non temos esa capacidade. A nosa intención, a través deste pequeno traballo, é que prenda o interese por esa parte da historia, para que entre todos e todas, poidamos ir recuperando e conservando o que o tempo foi deixando esmorecer.

http://vimeo.com/62549209