Vostede está aquí

Mashi Trasi que Trasi

A cinta “Mashi Trasi que Trasi!” foi rodada polo colectivo Pallasos en Rebeldía nas cidades de Ramallah e Nablús durante a caravana que realizaron en 2009

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental: Documental “Mashi Trasi que Trasi!”, dirixido e realizado por Eduardo J. Alter. No Forum Metropolitano, o día 11 de marzo de 2024 ás 19: 00. Entrada de balde ata completar aforo. A Continuación unha pequena charla en que estara un representante de Pallasos en Rebeldía, tamen informara como recaudar fondos para colaborar ca población Palestiana Documental “Mashi Trasi que Trasi! A cinta “Mashi Trasi que Trasi!” foi rodada polo colectivo Pallasos en Rebeldía nas cidades de Ramallah e Nablús durante a caravana que realizaron en 2009: Unha caravana de pallasos que se vai a Palestina coa misión de derrubar o Muro da vergoña coa única forza da Risa.

Risa que traen escondida nos talleres de Risoterapia, clown e actuacións para nenos e nenas. Durante 15 días unha infinidade de emocións rodearon esta expedición, as historias que recollen e os soños que ese pobo sometido confesa aos Pallasos. Esa experiencia foi o xerme do proxecto Festiclown Palestina, previsto para este ano, cuxo obxectivo é celebrar un festival internacional de clown nos territorios palestinos. A programación incluirá actuacións, visitas a campamentos de refuxiados, talleres, galas e encontros con artistas e intelectuais palestinos. Destacadas figuras do panorama artístico internacional como Leo Bassi, Elliot (Bélxica), Alba Sarraute (Cataluña) ou o mago Jorge Blas (Madrid) confirmaron a súa participación nun festival que conta co apoio da cantante Amparanoia, entre outras. O documental “Mashi trasi que trasi” obtivo o Premio do Público do Festival de cinema Amal (Festival de Cinema Euroárabe) 2010.