Vostede está aquí

MANIFESTACIÓN PREFERENTES

Dende a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros  mostramos a nosa solidariedade co colectivo de xente que se viron envoltos no asunto das xa famosas "preferentes" sen esquecer outras chanchulladas feitas polos mesmos causantes, nomeadamente os seguros de cobertura dos tipos de xuro nas hipotecas. Sabemos que hai veciños e veciñas do noso barrio tamén afectados polo que con maior motivo facemos un chamamento masivo a participar na manifestación convocada pola plataforma.
A manifestación será en Santiago co lema contra a estafa e a expropiación o dia 22 de setembro as 13:30 na Alameda de Compostela