Vostede está aquí

Máis chapuzas na Gaiteira.


Dende a AAVV Oza Gaiteira Os castros, hai tempo que estamos demandando que se remate coas chapuzas que se están a facer na rúa da Gaiteira e se faga unha rehabilitación integral de toda a zona. Contando cos veciños e veciñas, cos comerciantes e os colectivos do barrio para, entre todos, mellorar a calidade de vida no barrio, mellorando o comercio local e a economía das familias.
Hai uns días un camión tirou ao chan unha farola, dende o Concello retirárona mais lonxe de arranxar a avaría o que fixeron foi unha nova mostra de como facer chapuzas incluso en cousas pequenas coma esta. Tapan o burato con cemento e colocan un cono de sinalización por riba.

Estas actuacións acaban saíndo máis caras que facer o arranxo dunha soa vez. Neste momento en lugar de farola temos un burato e, se xa era moi deficiente a iluminación en toda a rúa, agora está aínda peor. Dende a asociación instamos ao Concello para que repoña o punto de luz e se poña, dunha vez por todas, co arranxo integral da rúa.