Vostede está aquí

A intolerancia instalouse en María Pita

O 6 de decembro o goberno municipal do Sr Negreira mobiliza á Policía Local e aos bombeiros para retirar a pancarta que a AAVV Oza Gaiteira Os Castros instalara días atrás na rúa da Gaiteira, unha pancarta que, tal e como pide a veciñanza, esixe que non se instale unha mediana -formada por mobiliario urbano- que dificulte o uso da rúa como espazo de lecer.
O goberno municipal quédase sen argumentos para defender tamaño despropósito e fai uso da policía e dos bombeiros para tratar de calarnos, para que os que non opinen o mesmo ca eles queden silenciados, para que enviou á Policía Local, pretendía retirar a pancarta pola forza en caso de que os veciños se opuxeran?
Tal e como vemos a cotío nas mobilización e manifestacións, o PP bota man da represión para tratar de calar á cidadanía. O comportamento antidemocrático do Sr Negreira deixa ben claro que tipo de goberno temos, estas actitudes, máis propias das ditaduras, non impediran que a nosa asociación exprese a súa opinión. Seguiremos a dicilo ben alto: NON Á MEDIANA DA GAITEIRA.