Vostede está aquí

Hasta cando as Avarías no servizo do auga

Avaría no servizo de auga de Emalcsa.
A semana pasada, veciños e veciñas da Avenida dos Caidos estiveron sen auga durante tres días por mor dunha avaría, outra máis, da empresa que presta o servizo. Cando parecía que despois destes días sen auga o servizo se restablecía, o sábado polo maña volveron quedar sen auga, tampouco foron informados deste novo corte no subministro.
Dende esta AAVV temos denunciado en outras ocasións o deficiente servizo que presta Emalcsa, nesa mesma rúa hai edificios que non teñen presión suficiente para que funcionen as lavadoras ou os quentadores de auga. Tamén nos temos queixado polo pésimo mantemento que se fai da rede de subministro de auga, tubos en moi mal estado que teñen avarías con demasiada frecuencia.
Non podemos aceptar que unha empresa que declara beneficios millonarios ano tras ano preste un servizo tan deficiente no barrio, tampouco entendemos que o concello eluda a súa responsabilidade na prestación do servizo, mirando para outro lado e ignorando as constantes queixas dos veciños e veciñas.
Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros volvemos a esixir de Emalcsa que preste o servizo polo que pagamos, subministrando a auga con presión suficiente e cun mellor mantemento da rede que evite constantes avarías, tamén esiximos do Concello que vixíe o servizo pois non é aceptable que ante problemas deste tipo non actúe.