Vostede está aquí

Farois apagados no parque de Oza


Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros queremos denunciar a falta de iluminación en case todo o parque de Oza. Non é admisible que os veciños e veciñas do barrio non poidan facer uso do parque por non ter os farois prendidos.

Neste tempo, onde antes das sete da tarde xa comeza a anoitecer, non é de recibo ter apagados case todos os farois do parque de Oza, impedindo que a veciñanza faga uso desa zona verde. Podemos entender que non se manteñan os farois prendidos toda a noite pero é inadmisible que non se acendan en todo o día.

Os veciños e veciñas do barrio temos que ver como outras partes da cidade teñen iluminación toda a noite mentres aquí se nos impide facer uso do parque de Oza, unha zona verde estupenda para pasear ou facer deporte que o Concello mantén as escuras case toda a tarde, xusto cando rematamos a xornada laboral e podemos ter ese tempo de lecer para ir ao parque.